Entramos na ‘fase cero’ da transición cara á ‘nova normalidade’

Entramos na ‘fase cero’ da transición cara á ‘nova normalidade’

04 May 2020/concello/Xeral

A Comunidade Autónoma de Galicia, así como o resto do Estado (agás Baleares a algunhas illas Canarias), entramos a partir de hoxe luns na fase 0 do plan de desconfinamento publicado polo goberno central a semana pasada.

Ademais das actuais medidas de distanciamento social fronte ao COVID-19, esta fase cero implica algúns cambios na nosa vida diaria que manteranse vixentes ata entrar na fase 1 (que posiblemente acontecerá a partir do día 10 de maio). 

Os principais cambios afectan ao uso de máscaras e a apertura dalgúns comercios. 

O uso de máscaras no transporte público

O uso de máscaras que cubran nariz e boca pasa de ser recomendable a ser obrigatorio no transporte público. Recordamos que dende o Concello dispoñemos de máscaras para persoas que as precisenConsulta a orde publicada o domingo 3 no BOE.

No resto de actividades fóra do fogar, o uso de máscaras entre a poboación xeral é moi recomendado cando non se pode garantir a distancia interpersoal de dous metros. 

Pequenos comercios con cita previa

A partir de hoxe poderán abrir os establecementos comerciais que teñan menos de 400 metros cadrados, agás os centros e parques comerciais. Isto inclúe barberías e salóns de peiteado, ferraxerías, librarías, talleres, etc. 

Os establecementos que poidan abrir deben facelo cumprindo unha serie de normas, como establecer citas previas para garantir un máximo dun cliente por traballador, e poñer un horario preferente para clientes maiores de 65 anos. 

Ademais, os establecementos deben facer unha desinfección do local ao menos dúas veces ao día, unha delas ao final da xornada, ademais de outras medidas de hixiene, que se poden consultar en detalle na orde publicada o 3 de maio no BOE.

Consulta máis información sobre o plan de desconfinamento e as súas distinas fases na páxina web do Goberno central.



RELACIONADO