Fronte á situación sanitaria orixinada polo virus COVID-19, o Concello da Pobra do Brollón establece unha serie de medidas para minimizar a propagación do mesmo, en consonancia coas medidas e as recomendacións do Goberno central e da Xunta de Galicia.
Todas as medidas aplicaranse dende o día de hoxe venres 13 ata como mínimo o domingo día 29 de marzo. As medidas adoptadas descríbense a continuación. Tamén podes consultar e descargar o decreto en PDF nesta ligazón.
Durante ese tempo, suspéndense as seguintes actividades municipais:
- Cursos de manualidades
- Ximnasia
- A actividade da Escola de Música
- O programa ‘Coñece o Teu Camiño’
- Talleres de memoria e de novas tecnoloxías
- e demais actividades como ‘foliadas guímaras’, andainas, etc.
Tamén se suspenden os seguintes servizos municipais:
- Servizo de xestión catastral
- Atención ao público do arquitecto municipal
- Servizo de conciliación familiar
Péchanse ao público as seguintes instalacións: o albergue de peregrinos, o polideportivo municipal, o campo de fútbol municipal e a biblioteca municipal.
As oficinas de atención ao público permanecerán abertas, coas seguintes recomendacións:
- Os usuarios manterán unha distancia mínima de 1,5 metros ao posto de traballo.
- Os usuarios evitarán tocar as mesas e mostradores das oficinas.
- Os usuarios farán no posible as xestións a través do teléfono 982 430 001, do correo electrónico urbanismo@concellodapobradobrollon.gal ou da Sede Electrónica do concello (https://concelloapobradobrollon.sedelectronica.es/info.0).
Todas as medidas poderán prolongarse no tempo se as circunstancias ou as administracións Estatal e Autonómica o aconsellan.