A partir do domingo 26 os menores de 14 anos poderán saír para pasear

A partir do domingo 26 os menores de 14 anos poderán saír para pasear

25 April 2020/concello/Xeral

Hoxe publicouse no BOE a orde que regula os desprazamentos da poboación infantil. A partir de mañá domingo 26, os menores de 14 anos poderán saír para dar paseos, acompañados dun adulto, durante unha hora ao día (entre as 9:00 da mañá e as 21:00). 

No texto do BOE tamén se recolle a prórroga do estado de alarma ata as 00:00 do domingo 10 de maio. O estado de alarma implica que continúan as actuais medidas de distanciamento social e limitacións nos desprazamentos, coa excepción dos desprazamentos infantís (coas condicións que detallamos máis abaixo).

Esta decisión tomouse polos beneficios asociados para a saúde e o benestar social e familiar, seguindo as recomendacións do Comité dos Dereitos do Neno das Nacións Unidas.

Detallamos aquí as condicións destes paseos controlados dos menores:

  • As saídas poden ser a unha distancia dun quilómetro do seu domicilio.
  • Non se poden usar espazos recreativos nin instalacións deportivas (por exemplo, parques infantís ou a área recreativa de Sanugueiros).
  • O paseo debe realizarse con un adulto e tres nenos ou nenas como máximo. 
  • Deberase manter unha distancia interpersoal con terceiros de ao menos 2 metros.
  • Hai que cumprir coas medidas de prevención e hixiene recomendadas.
  • O adulto acompañante debe ser maior de idade, convivir no domicilio co neno ou nena ou ser un empregado do fogar a cargo do menor. Se o adulto non é un proxenitor ou titor legal, debe contar coa autorización previa dos mesmos.
  • Non poderán saír os menores que presenten síntomas, contaxiados ou que estiveron en contacto cunha persoa con síntomas ou contaxiada.

Consulta no BOE a orde que regula os desprazamentos infantís

Consulta no BOE o Real Decreto polo que se prorroga o estado de alarma



RELACIONADO