O punto limpo móbil continúa a súa xira polas parroquias

O punto limpo móbil continúa a súa xira polas parroquias

13 March 2020/concello/Xeral

Tras pasar por Parada dos Montes, Salcedo e Lamaigrexa, o Punto Limpo móbil continúa o seu percorrido polas parroquias da Pobra do Brollón para uso dos veciños e veciñas.

A iniciativa ten por obxectivo facilitar a reciclaxe e o depósito seguro de residuos como parte do programa municipal ‘Menos residuos, máis vida’. Realízase co apoio da Consellería de Medio Ambiente e do Feder. 

O punto limpo móbil consiste nun remolque con compartimentos separados para depositar refugallos contaminantes, que posteriormente trasládanse ao punto limpo da Pobra para a súa reciclaxe e depósito seguro.

Os residuos que se poden depositar no punto limpo móbil son os seguintes:

- Envases de aerosois (ambientadores, insecticidas, produtos limpeza, perfumería e cosmética, etc.)

- Medicamentos caducados ou que xa non precises, e envases con restos de medicamentos

- Aceite usado de cociña

- Pilas, baterías e acumuladores

- Lámpadas de baixo consumo e fluorescentes

- Envases baleiros de pinturas

- Tóners e cartuchos de impresoras

As próximas paradas do punto limpo móbil no mes de marzo son: 

- Castroncelos (no campo da festa): de venres 13 a domingo 15

- Barxa de Lor (xunto ao local social): de luns 16 a mércores 18

- A Estación (xunto ao local social): de xoves 19 a domingo 22

- Vilachá de Salvadur (diante casa do Raimundo Carpinteiro): de luns 23 a xoves 26

- Liñares (xunto á casa do Cura): de venres 27 a domingo 29

As seguintes paradas anunciaranse con antelación. Todos os veciños reciben de antemán unha carta informativa na que se explica como usar o punto limpo móbil, e onde e cando estará na súa parroquia.



RELACIONADO