As actividades de ximnasia e manualidades retómanse en febreiro

As actividades de ximnasia e manualidades retómanse en febreiro

28 January 2020/concello/Xeral

O vindeiro luns 3 de febreiro retómanse as actividades de ximnasia e manualidades polas parroquias do concello.

A colaboración económica é a mesma que en edicións anteriores, 10 € para unha actividade; e 15 € para dúas actividades. A actividade de manualidades é semanal e a de ximnasia ofrécese dúas veces por semana. 

Para asistir ás actividades as persoas interesadas deberán dirixirse ao lugar da súa parroquia onde de costume se imparten as actividades e facer o pagamento a súa monitora.

Séguese a precisar un mínimo de 7 persoas para facer grupo; en caso de non facelo, as persoas interesadas terían que desprazarse a outra parroquia. Se nalgunha parroquia a tempada pasada non se fixo grupo para algunha das actividades e este período si, poden comunicalo nas oficinas do Concello.

Na actualidade, hai grupos de ximnasia polas mañás en Cereixa, A Estación, Saa, Castroncelos e Salcedo e polas tardes en Piño, Pacios, A Ferreirúa, A Pobra, Canedo e Óutara. Hai grupos de manualidades formados en Saa, A Pobra, Eixón, Óutara, Canedo, Pacios e Salcedo.

Os horarios de cada grupo son os seguintes: 

HORARIOS DE XIMNASIA

Horas

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

10:00-11:00

 

Saa

 

 

Saa

11:00-12:00

Cereixa

Castroncelos

 

Cereixa

Castroncelos

12:00-13:00

A Estación

Salcedo

 

A Estación

Salcedo

 

16:00-17:00

Piño

Canedo

Piño

Canedo

 

17:00-18:00

Pacios

Outara

Pacios

Outara

 

18:00-19:00

Ferreirúa

 

 

Ferreirúa

 

19:00-20:00

A Pobra

 

 

A Pobra

 

 

HORARIOS DE MANUALIDADES

Horas

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

15:00–17:00

Saa

 

 

Outara

Salcedo

15:30–17:30

 

 

 

 

 

17:00-19:00

Pobra

 

 

Canedo

 

17:30-19:30

 

 

 

 

 

19:00-21:00

Eixón

 

 

Pacios

 



RELACIONADO