Cerca de 200 persoas asistiron á proxección solidaria de ‘O que arde’

Cerca de 200 persoas asistiron á proxección solidaria de ‘O que arde’

31 December 2019/concello/Cultura

O derradeiro domingo de 2019, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ acolleu a proxección solidaria da afamada película de Oliver Laxe, O que arde, que xa foi descrito como o filme galego do ano.

Cerca de 200 persoas asistiron á proxección, da que houbo dous pases a tarde do domingo 29. Acadouse así máis de 200 kg de alimentos non perecedoiros que serán destinados a colectivos desfavorecidos do concello.

O éxito da proposta reafirma a aposta do Concello da Pobra do Brollón por crear igualdade de oportunidades de acceso á cultura para os veciños e veciñas, e demostra que a oferta cultural alternativa é demandada e necesaria, tamén no noso rural. 

Para a proxección instalouse unha pantalla grande con proxector e sistema de audio para acadar a máxima calidade posible de imaxe e son. 

A proxección de O que arde súmase a unha completa programación de Nadal con actividades para adultos e pequenos, que se pode consultar nesta ligazón. 



RELACIONADO