A Garda Civil de Lugo ofrecerá na Casa da Cultura consellos prácticos sobre seguridade

Charla Plan Maior Seguridade Garda Civil

A Garda Civil de Lugo ofrecerá na Casa da Cultura consellos prácticos sobre seguridade

11 December 2019/concello/Xeral

O próximo martes 17 de decembro ás 11:30, a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá unha charla dentro do Plan Maior Seguridade da Comandancia da Garda Civil de Lugo. 

Na formación cubrirase unha gran variedade de temas para axudar aos veciños a ter máis seguridade na súa vida diaria, xa sexa nos seus domicilios ou na rúa, conducindo ou como peóns (seguridade viaria). Outros temas a tratar son como evitar roubos, as precaucións coas vespas velutinas e nas matanzas. 

A actividade é gratuíta e está orientada ao público xeral, especialmente á terceira idade. Será impartida por un formador da Garda Civil de Lugo.



RELACIONADO