VI Feira Medieval Guímara. Guímaros, un pobo que non se someteu ao poder

VI Feira Medieval Guímara. Guímaros, un pobo que non se someteu ao poder

03 July 2019/concello/Cultura

O concello da Pobra do Brollón celebra o sábado, 13 de xullo, a VI edición da Feira Medieval Guímara. Acto en lembranza da revolta desenvolta pol@s veciñ@s da Pobra contra o Conde de Lemos cando quixo cobrar impostos a este territorio, sen ningún tipo de dereito sobre el. Cóntase que os homes e mulleres de Brollón resistiron ás tropas do Conde, que finalmente derrotou aos veciñ@s. Despois deste feito os habitantes da Pobra foron chamados Guímaros, que significa: rudos, valentes e desconfiados.

A cita festiva abrirase ás 12.00 co pregón a cargo da poeta Guímara, Noa Moreira. Ás 12.45 farase a representación da revolta por parte dos veciños e veciñas do Concello, seguida dun pasarrúas a cargo dun grupo de música tradicional. Ás 14.30 celebrarase o xantar popular no campo da feira, para participar débense retirar os vales no restaurante Avenida.

A xornada de tarde abrirase ás 17.30 co café-concerto de Cé Orquestra Pantasma. Ás 18.30 o arqueólogo, Xurxo Ayán, ofrecerá unha visita guiada polo casco vello da Pobra. Ás 19.30 comezará un xogo de probas para rapaces e rapazas, actividade para a que é necesaria inscrición previa no teléfono 650 624 828. Ás 20.30 haberá pasarrúas a cargo do grupo de percusionistas e taborileir@s Aperta e media hora despois celebrarase sesión de Cantos de Cego. Ás 21.30 será a actuación de Celso Sanmartín e ás 22.30 haberá un novo espectáculo de rúa; para ás 23.00 celebrar o fin de festa co grupo Aperta. Ao longo de toda a xornada contarase con espectáculos de cetraría de demostracións de oficios tradicionais.

Desde o Concello da Pobra do Brollón convídase a veciñ@s e visitantes a participar desta proposta que ano a ano se consolida como alternativa de lecer nos comezos do mes de xullo no Concello da Pobra do Brollón.

 



RELACIONADO