Perigo alto de incendios, dende o 1 de xullo ao 30 de setembro

Perigo alto de incendios, dende o 1 de xullo ao 30 de setembro

13 June 2019/concello/Xeral

No DOG deste xoves publícase a orde do 5 de xuño do 2019 pola que se determina a época de perigo alto de incendios. As análises espazo-temporais dos lumes forestais en Galicia nos últimos vinte anos reflicten dúas épocas cun incremento notable da actividade incendiaria e, polo tanto, débense considerar como épocas de perigo alto de incendios:

– Unha época fixa no período estival, que se corresponde normalmente coa campaña de incendios, durante os meses de xullo, agosto e setembro.

– Unha época variable, cunha duración aproximada dun mes, que oscila normalmente entre os meses de febreiro, marzo, abril, xuño e outubro.

Nestas épocas o despregamento de medios de extinción e alerta deberá ser máximo, en función dos índices de risco.

A ampliación como período de perigo alto da época fixa no período estival, así como a declaración como perigo alto da época variable, requiren de mecanismos áxiles e eficaces que permitan dar a coñecer estas circunstancias de modo inmediato aos medios implicados nos traballos de prevención e defensa contra incendios forestais. Procédese a establecer un medio dotado de maior celeridade que permita o coñecemento xeral e a adecuada publicidade da previsión de novos períodos para ofrecer maior seguridade e garantías aos cidadáns.

Decláranse como época de perigo alto de incendios forestais durante o ano 2019 as datas comprendidas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro. Facúltase ao director xeral de Defensa do Monte para ditar cantas instrucións sexan precisas para modificar as ditas datas e declarar como perigo alto outras épocas do ano, cando as condicións meteorolóxicas ou outras circunstancias agraven o risco de incendios. Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.



RELACIONADO