O Concello da Pobra do Brollón entra na Red de Pueblos Solidarios con ACNUR

O Concello da Pobra do Brollón entra na Red de Pueblos Solidarios con ACNUR

16 May 2019/concello/Cultura

O Concello da Pobra do Brollón convertirase nun “Pueblo Solidario” con ACNUR coa proxección solidaria de dous dos documentais de ACNUR: “La Niña Bonita” e o “Loco del Desierto”, dúas experiencias de vida coas que, desde o Concello da Pobra do Brollón se quere sensibilizar á veciñanza sobre a dura realidade das persoas refuxiadas. 

As proxeccións realizaranse entre o 8 e o 25 de agosto na área Recreativa de Samugueiros, se o tempo o permíte, ou no Salón de Actos da Casa da Cultura “Olga Novo”. A entrada solidaria para ver os documentais converterase en alimentos para combater a desnutrición infantil en Iemen, situación que está a poñer en perigo a vida de 2 millóns de cativos.

Coa iniciativa, o Concello entrará a formar parte da web www.orgullodepueblo.org 



RELACIONADO