O CEIP da Pobra do Brollón, un dos dous centros seleccionados na provincia de Lugo pola colaboración no programa Bibliotecas Solidarias

CEIP Da Pobra do Brollón

O CEIP da Pobra do Brollón, un dos dous centros seleccionados na provincia de Lugo pola colaboración no programa Bibliotecas Solidarias

14 May 2019/concello/Cultura

O programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS inclúe iniciativas destinadas a promover o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado dos niveis non universitarios e as súas familias e recoñece os esforzos das comunidades educativas por conformar “bibliotecas escolares inclusivas”, que axuden a paliar as desigualdades no acceso ao coñecemento. 

Entre estas accións inclúese o VOLUNTARIADO DE LECTURA-A, destinada a incentivar o voluntariado cultural relacionado coa lectura entre o alumnado de 5º e 6º de Primaria. Trátase de recoñecer o traballo de colaboración que veñen desempeñando algúns alumnos e alumnas nas bibliotecas dos seus respectivos centros, ao participar de forma voluntaria en actividades de xestión e de dinamización da biblioteca e favorecer á extensión dunha práctica que produce excelentes resultados en relación coa adquisición de hábitos de lectura, ao tempo que contribúe á formación de actitudes de solidariedade e de colaboración entre o alumnado. 

En Galicia seleccionáronse 10 centros, 2 deles na provincia de Lugo e un deles é o CEIP da Pobra do Brollón. O centro acollerá antes dun mes, un obradoiro, que poderá estar relacionado coa narración oral e a lectura expresiva, sobre “circuítos e libros”, a elaboración de booktrailers, un “laboratorio de radio”, os xogos cooperativos e tradicionais ou a música e danza tradicionais. A través da Asesoría de bibliotecas escolares concretarase con cada centro o obradoiro correspondente.

Como actividade integrada nos programas de voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, o alumnado directamente implicado e responsable das actividades de voluntariado de lectura e de atención á biblioteca escolar recibirá un diploma pola súa colaboración como acción de voluntariado cultural, así como material divulgativo e de apoio ao programa. 



RELACIONADO