En proceso de contratación as obras para a residencia do Concello da Pobra do Brollón

En proceso de contratación as obras para a residencia do Concello da Pobra do Brollón

13 April 2019/concello/Xeral

O Executivo Provincial vén de aprobar a aceptación da parcela que o Concello da Pobra da Brollón pon á súa disposición para a construción da residencia. A parcela conta con 7.035 metros cadrados. Sitúase ao carón da Avenida Outeiro, e ao carón do centro de día municipal.

En 1.700 metros cadrados contará con 2 plantas. No semisoto, de 277 metros cadrados, instalarase o almacén, lavandería, vestiario e locais técnicos e na planta baixa, de 1.531 metros cadrados, situaranse a área residencial, a zona de convivencia, o comedor e cociña, a área de atención especializada e os espazos de dirección e administración. A área residencial disporá de 18 cuartos, con baño adaptado.  O centro tamén contará con despacho médico, sala de curas, 2 habitacións de enfermería e un baño asistido.

A residencia que dará servizo a 30 maiores, conta cun orzamento de 1,6 millóns de euros. Para sacar adiante esta importante infraestrutura para o concello, desde a administración local, apórtanse 200.000 euros e os terreos. A previsión é poder adxudicar as obras no vindeiro mes de maio.

 



RELACIONADO