Ademáis de abrir coas tradicionais funcións teatrais que terán lugar ás 22.00 da noite no local social de Salcedo; o domingo, día 3 de marzo, véspera da saída do oso, contarase coa proxección do documental Mar de Terra de Kepa Junquera. O documental que abría a XXIII edición del Festival de Cine Internacional de Ourense, OUFF, aborda desde una perspectiva humana os entroidos máis coñecidos das provincias de Lugo e Ourense e non podía faltar o noso oso de Salcedo. A proxección terá lugar a partir das 17.00 e contarase con presentación do director, José Antonio Blanco.
Ás 18.00 sairán as madamas e os danzantes nun pasarrúas a cargo do griupo de gaitas Os Tocainas. Media hora despois será o pregón que correrá a cargo do Tico de Cereixa, quen fora integrante dos Yellow Pixoliñas. Ás 20.00 comezará o baile co Dúo Camelia, para ás 22.00 ter unha nova cita co teatro. O punto e final a esta xornada porase co baile a cargo da orquestra Os Trovadores, que dará comezo ás 00.30.
O luns, día 4 de marzo, será a tradicional saída do oso, prevista para as 17.00. A saída do oso celebra o comezo da primavera, tal se o oso saíse da súa hibernación. O personaxe do oso viste traxe de pel de ovella e cúbrese cun pelexo que simula un oso. O oso e os seus criados encargaranse de que ningún dos asistentes quede sen tisnar. Haberá pasarrúas coa charanga Terras do Bibei e ás 22.00 celebrarase cea popular e baile coas orquestras Capitol e Israel.
O punto e final ao entroido de Salcedo será o martes, día 5 de marzo. Ás 18.00 haberá animación para nenos a cargo de Peter Punk Pallaso co espectáculo “Chungo que te cagas!”, Premio do Público Mundoclown 2008. Xa ás 21.00 celebrarase unha gran paellada e baile coa orquestra Los Satélites.