A Pobra do Brollón celebra o 8 de decembro a VIII edición dos Cantos de Taberna. Nesta ocasión daranse cita no Concello da Pobra 15 pandillas, 4 delas do municipio e o resto vidas da provincia da Coruña, da de Lugo e de Ourense, de lugares como A Rúa ou Trives, ademáis participarán grupos da comarca, do Saviñao, Chantada e Sarria.
Ás 16.30 os grupos participantes acudirán ao Concello para coñecer os itinerarios que os levarán polos 6 establecementos que participan no Concurso de Tapas que remata este venres. A partir das 17.00 horas do sábado comezarán os Cantos de Taberna que se pronlongarán ata ao redor das 23.00.
Participarán:
OS CORENTA E CHINCO BOYS
SEARAS
CON TON E SON
AS RECUNCADAS
OS SOMONTANOS
OS ESTOUPAFOLES
SON DO MAO
SÓMOSCHE D’HERBAS
CANTAREIROS DA UNIÓN
DE MARCÓN PRA RIBA
SKACHACUNCHAS
OS TABERNÍCOLAS
OS AMIGOS DO CALDEIRO
OS PARRANDAS
AS MACIZAS CENTRAIS
Podían chegar a ser case 20, pero por problemas de última hora houbo catro grupos que non poden acudir. O día 8 é un día de festa no concello, se queres participar só tes que vir e sumarte á troula.