O oso de Salcedo no Festival de Cine de Ourense da man de Kepa Junquera

O oso de Salcedo no Festival de Cine de Ourense da man de Kepa Junquera

30 November 2018/concello/Cultura

O filme Mar de Terra, protagonizado polo músico vasco, Kepa Junquera, foi o encargado de abrir este xoves, esta edición do OUFF, Ourense Film Festival. No documental, rodado entre febreiro e finais de maio deste ano, recóllense algúns dos entroidos máis singulares das provincias de Lugo e Ourense. Mar de Terra, dirixida polo realizador ourensán José Antonio Blanco e con música orixinal do propio Kepa Junkera, achégase aos entroidos de Verín, Laza, Xinzo, Salcedo (A Pobra do Brollón), Viana do Bolo e Santiago de Arriba (Chantada).

O traballo propónnos unha viaxe, en primeira persoa, polos entroidos máis tradicionais de Galicia e supón unha das primeiras incursións de Kepa Junkera diante da cámara. O músico guíanos por estes entroidos e incluso se pon na pel do noso oso de Salcedo. Kepa Junquera amósase orgulloso do traballo e do resultado e agradecido a todos os que fan posibles estes entroidos e colaboraron na consecución do documental “aos pobos de Laza, Xinzo de Limia, Viana do Bolo, Verin, Vilariño do Conso, Santiago de Arriba, Manzaneda, Salcedo e a todas as persoas que coa súa xenerosidade fixeron posible esta pequena viaxe chea de emocións difíciles de explicar, que se debe vivir”.

No acto inaugural do Festival o noso oso e os seus criados andiveron facendo das súas. 



RELACIONADO