O Concello da Pobra do Brollón organiza para o día 1 de novembro unha xornada micolóxicaimpartida por Carlos Pérez Álvarez, Técnico Superior na Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos. A actividade comezará ás 9.30 cunha charla formativa. Ás 10.30 sairase ao campo para a busca e recollida guiadas. Ás 14.00 celebrarase un xantar campestre e ás 15.30 clasificaranse e degustaranse os cogumelos.
As persoas interesadas en participar deben deinscribirse antes do 29 deste mes chamando ao concello, no 982 43 00 01. A xornada terá un prezo de 20 euros. O desprazamento será por conta propia e recoméndase levar roupa e calzado cómodo, unha muda, cesta e cóitelo pequeno ben afiado.