Un equipo de arqueólogos chilenos visita o Castro de San Lourenzo e o Proxecto de Arqueoloxía da Guerrilla en Repil

Un equipo de arqueólogos chilenos visita o Castro de San Lourenzo e o Proxecto de Arqueoloxía da Guerrilla en Repil

10 October 2018/concello/Xeral

Un equipo de arqueólogos chilenos vencellados á Universidad Católica del Norte e ao Instituto de Investigaciones Arqueológicas y Museo Padre Le Paige de San Pedro de Atacama (Chile) visitaron onte o concello da Pobra do Brollón. Estas entidades publican un dos xornais científicos de meirande prestixio na arqueoloxía lationamericana, a revista Estudios Atacameños: Journal of South Andean Archaeology and Anthropology.

Os investigadores que visitaron o concello, Valentina Figueroa, Fernanda Kalazich, Manuel Prieto e Lautaro Núñez, traballan nunha das áreas Patrimonio da Humanidade máis importantes do mundo, o deserto de Atacama. Este equipo intégrase no proxecto Red Internacional de Estudios Críticos del patrimonio Cultural del Desierto de Atacama financiado polo goberno chileno para os anos 2018 e 2019. Este proxecto ten por obxecto examinar os procesos de construción e discursos patrimoniais que emerxen dende a Arqueoloxía e a ecoloxía política en perspectiva comparada, entre España e Chile. O socio español deste proxecto é o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC no que se integra, Xurxo Ayán, director do proxecto arqueolóxico do castro de San Lourenzo, que xa traballara en Atacama no 2013.

No marco deste proxecto estudiánse os espazos militarizados da fronteira entre Bolivia e Chile, a paisaxe mineira do salitre e do cobre, a memoria histórica da ditadura chilena e sitios arqueolóxicos prehispánicos. De ahí o interese deste equipo en coñecer os proxectos pioneiros en Arqueoloxía do Pasado Recente desenvoltos na Pobra do Brollón, como o proxecto de Arqueoloxía da guerrilla en Repil.

Os visitantes chilenos tamén coñeceron o proxecto de Arqueoloxía en Comunidade do castro de San Lourenzo, que se apoia na experiencia chilena no eido das arqueoloxías indíxenas.

Este grupo chileno é o segundo equipo arqueolóxico americano que visita a Pobra do Brollón; o primeiro foron os profesores da University of Binghamton (USA),Randy Mcguire e Ruth Van Dycke, en xullo deste ano. 

O equipo galego trasladarase a Chile en novembro para impartir cursos e conferencias. No 2019 participará no Workshop international Critical Heritage Studies.



RELACIONADO