O 27 de agosto celébrase a tradicional romaría do San Vitoiro, unha das romarías máis tradicionais e atractivas do sur da provincia de Lugo. O escenario será a área recreativa do San Vitoiro na parroquia de Saa. Para garantir que todos gocen da festa e que a contorna se manteña en boas condicións, desde o concello fanse públicas unha normas a ter en conta:
- Ser respectuoso co Medio Natural. Non modificar o cauce do río
- Non se permite facer lume
- Depositar o lixo nas zonas habilitadas con contenedores
- O persoal da Comisión de festas estará debidamente identificado. Para solventar calquera incidencia diríxanse a eles
- En caso de emerxencia seguir as instrucións do persoal da comisión de festas.
- Actuar de forma tranquila e organizada
- En caso de evacuación nunca dirixirse aos vehículos e obedecer as normas do persoal da comisión de festas, eles o dirixirán a unha zona segura e á espera de medios externos.
- Disporemos de servizo de ambulancia en horario de 20:00 a 02:00 horas.
Desde o concello solicítase a colaboración da veciñanza e convídase a todo o mundo á acudir ao San Vitoiro.