O equipo de goberno da Pobra do Brollón solicita á nova Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, que se axilice a cesión ao Concello do Cuartel da Garda Civil.

O equipo de goberno da Pobra do Brollón solicita á nova Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, que se axilice a cesión ao Concello do Cuartel da Garda Civil.

10 August 2018/concello/Xeral

O equipo de goberno da Pobra do Brollón ten moi claro como utilizar as instalacións do cuartel da Garda Civil. O obxectivo é converter o edificio nun centro multifuncional que acolla un albergue, un restaurante, zona de acampada interior, sala de exposicións e centro de artesanía e outros produtos locais para a venta ao público. O alcalde, Xosé Lois Maceda, así llo trasladou á Subdelegada do Goberno durante a visita que Isabel Rodríguez fixo hoxe ao concello dentro da rolda de visitas aos concellos da provincia para presentarse.

Xosé Lois Maceda sinalou que o concello cada vez recibe máis visitas a través do Camiño de Inverno e de turistas que se achegan a coñecer os recursos paisaxísticos e patrimoniais do concello, punto de unión entre Ribeira Sacra e as montañas do Courel. Este incremento de visitantes precisa de dotacións para darlles servizo e o cuartel da Garda Civil preséntase como unha excelente opción como xa lle trasladaran ao anterior Subdelegado do Goberno. Isabel Rodríguez dixo que se interesaría por como están as xestións e faría todo o posible por axilizar os trámites.

Outra petición do alcalde tivo que ver coa vixiancia dos montes. Lembrou Xosé Lois Maceda, que hai anos a Garda Civil a cabalo vixiaba os montes e exercía unha importante labor disuasoria para quenes buscan facerlle dano aos nosos montes. Neste senso solicitoulle a Isabel Rodríguez retomar a vixiancia con patrullas a cabalo da Garda Civil nos montes da Pobra do Brollón, co obxectivo de minimizar os posibles lumes, principalmente nas tempadas de verán.



RELACIONADO