O Castro de San Lourenzo traspasa fronteiras

O Castro de San Lourenzo traspasa fronteiras

03 August 2018/concello/Xeral

Esta semana comezou, parella á cuarta campaña de escavacións, a actividade do campo de traballo internacional no Castro de San Lourenzo. Participan unha ducia de moz@s de entre 19 e 27 anos que veñen de Taiwán, Francia, Italia e España. A actividade do campo de traballo céntrase na limpeza do Castro e do material arqueolóxico, ademais da limpeza dos camiños de acceso e da contorna. Os moz@s colaborarán tamén na organización da Romaría de San Lourenzo que se celebrará os días 10 e 11 de agosto no mesmo Castro e realizarán tarefas de apoio á comunicación e divulgación do traballo que aquí se executa.

O campo de traballo desenvólvese durante a primeira quenda de agosto en horario de mañá. Polas tardes os participantes visitarán os principais recursos turísticos e patrimoniais do municipio e gozarán das actividades culturais e de lecer que se organizan desde o concello.

O Castro de San Lourenzo recibía hoxe a visita do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que estivo acompañado polo alcalde, Xosé Lois Maceda e polo arqueólogo responsable do traballo no Castro, Xurxo Ayán.



RELACIONADO