A transparencia como estandarte da xestión municipal da Pobra do Brollón

A transparencia como estandarte da xestión municipal da Pobra do Brollón

09 June 2018/concello/Xeral

Os plenos dos concellos son os foros nos que equipo de goberno e oposición debaten e aproban as propostas, o lugar no que os representantes municipais se fan eco das demandas d@s veciñ@s e se aportan solucións. Os plenos municipais están abertos á asistencia do público, pero a xente non sempre ten tempo para poder acudir. Co obxectivo de facilitar a tod@s @s veciñ@s acceder ó que seus representantes debaten nos plenos, desde o equipo de goberno decidiuse grabar os audios das sesións plenarias e colgalos na sede electrónica para que quen o desexe poida acceder a esa información.

Este servizo comeza a prestarse este ano podendo acceder, por exemplo, ao último pleno celebrado no que se aprobaron os orzamentos do concello. 

Para escoitar esta información deben de acceder á sede electrónica, poden facelo directamente desde este enlace: http://concelloapobradobrollon.sedelectronica.es/transparency/92d36268-8...

Paso a paso a ruta é a seguinte: entramos na web do concello, imos ao Portal de Transparencia e accedemos ao punto 1, Institucional e ahí accedemos ao punto 1.5 Funcionamento órganos de goberno e aquí no punto 1.5.4 temos Grabacións plenos, onde podemos atopar o audio do pleno que desexemos.

Calquera veciñ@ pode acceder a esta información para coñecer o que fan @s responsables polític@s, como traballan e que aportacións fan para a mellora da vida municipal. Desde o equipo de goberno quérese abrir a administración municipal aos/ás veciñ@s e seguir avanzando na transparencia. Neste senso a sede electrónica é unha ferramenta moi útil para @ cidadán na que atopar non só os plenos, senón toda a normativa municipal, contratos ou subvencións, facer todos os trámites online co concello e, entre outras cousas, plantexar as queixas e suxestións que se desexe.

Desde o concello convídase a tod@s @s veciñ@s a utilizar a sede electrónica e establecer unha mellor comunicación coa administración que derive nunha mellora de servizos para tod@s e nunha maior proximidade e retroalimentación entre veciñanza e Concello.



RELACIONADO