A casa do concello da Pobra do Brollón acolle ata o 18 de xuño a Exposición do I Certame de Fotografía “Fotoxénica-Mente” convocado pola Asociación Albores.

A casa do concello da Pobra do Brollón acolle ata o 18 de xuño a Exposición do I Certame de Fotografía “Fotoxénica-Mente” convocado pola Asociación Albores.

11 May 2018/concello/Xeral

A mostra inaugurábase onte coincidindo coa conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental. Co certame e a conseguinte exposición preténdese sensibilizar á sociedade para buscar novos xeitos de observar a saúde mental e de mirar ao colectivo de persoas con enfermidade mental e as súas familias.

A exposición está composta polas 10 mellores fotografías do certame e ten carácter itinerante nos 11 concellos da área de influencia de Albores, xa ten percorrido Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso e Pantón. O 18 de xuño canto remate na Pobra levarase a Quiroga.

Esta exposición forma parte dun  amplo programa de sensibilización dirixido á sociedade, buscando eliminar o estigma asociado ás enfermedades mentais. É tamén  unha canle de información sobre saúde mental, cada fotografía vai acompañada de textos sobre saúde mental. Certame e exposición son tamén un modo de achegar  a Asociación Albores á cidadanía, como única Asociación especializada en Saúde Mental nesta área xeográfica, dando a coñecer o servizo que se fai.



RELACIONADO