O equipo de goberno da Pobra do Brollón inicia xestións para desbloquear a situación do servizo de pediatría no concello

O equipo de goberno da Pobra do Brollón inicia xestións para desbloquear a situación do servizo de pediatría no concello

08 March 2018/concello/Xeral

A pediatra que cubre a praza de pediatría que atende os concellos da Pobra do Brollón, Bóveda, O Saviñao e Quiroga está de baixa por maternidade e non se prevé a súa incorporación ata finais de ano. Entre tanto @s cativ@s destes concellos ven deteriorada a súa calidade asistencial.

“No caso concreto do concello da Pobra son 68 @s nen@s afectad@s por esta situación que afonda na brecha que hai entre @s nen@s do rural e @s da cidade”, asegura Xosé Lois Maceda.

Neste contexto desde o equipo de goberno da Pobra do Brollón solicitarase entrevista co xerente da EOXI (Estructura Organizativa de Xestión Integrada Cervo, Lugo, Monforte de Lemos) Ramón Ares, para que informe da situación e trasladarlle a  necesidade de habilitar unha solución urxente a esta carencia no servizo. Solicita o alcalde que se poñan os medios necesarios para que @s cativ@s teñan unha calidade asistencial axeitada que contribúa a fixar poboación no rural, do contrario seguirá o despoboamento.

Para informar destes temas aos afectad@s e coñecer de primeira man a súa situación real, o equipo de goberno reunirase este Venres ás 11.00 da mañá no salón de plenos do concello cos pais e  nais d@s rapaces/rapazas.



RELACIONADO