O entroido na Pobra do Brollón remata hoxe despois de moreas de actividades, festa, cultura e diversión.

O entroido na Pobra do Brollón remata hoxe despois de moreas de actividades, festa, cultura e diversión.

13 February 2018/concello/Cultura

O punto e final porase hoxe en Salcedo con animación musical para grandes e cativ@s a partir das 19.00 h. Ás  21.00h haberá paellada gratuita e baile coa orquestra “Gran Parada” para o concurso de disfraces, no que se establecen 3 categorías: individual, parellas e grupos de máis de 5 persoas. En Salcedo onte saía o oso, una das citas co entroido máis tradicional de Galicia. A saída do oso celebra o comezo da primavera, tal se o oso saíse da súa hibernación. Moreas de persoas ateigaron as rúas de Salcedo ante a ameaza do oso e dos seus criados. Como cada ano os asistentes non puideron escapar ás garras do oso e ao traballo perseverante dos seus criados buscando novas víctimas para tisnarlles roupa, cara, corpo,…

O personaxe do oso viste traxe de pel de ovella e cúbrese cun pelexo que simula un oso. A máscara orixinal está desde o 2008 no Museo Internacional do Entroido de Binche (Bélgica) declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade. 

Namentres na capitalidade municipal os xoves de comadres e compadres deron paso ao desfile de disfraces, carrozas e comparsas que se celebraba  o sábado, enchendo a capitalidade municipal de cor e diversión.

 

Os premios do desfile foron para:

1º premio Locais Carrozas “Habelas Hainas”

2º premio Locais Carrozas “Cereixa Gyn Tonic”

 

1º premio Locais Comparsas + 15 “Viquingos”

2º premio Locais Comparsas + 15 “O Tempo según Ítaca”

3º premio Locais Comparsas + 15 “Os Legos da Ampa”

 

1º premio Locais Comparsas 5-14 “Super Lego”

2º premio Locais Comparsas 5-14 “Xa Chegou a Primavera”

3º premio Locais Comparsas 5-14 “Os Emoticonos”

 

1º premio Locais Disfraces Comparsas - 5 “Abatar”

2º premio Locais Disfraces Comparsas - 5 “Máquina Expendedora”

3º premio Locais Disfraces Comparsas - 5 “Cubo de Rugby”

4º premio Locais Disfraces Comparsas - 5 “As Mozas do Cura”

5º premio Locais Disfraces Comparsas - 5 “La Verbena de la Paloma”

 

1º premio Fóra do concello Carrozas “Tribu Canival de Penalta”

2º premio Fóra do concello Carrozas “Feliz Entroido 2018”

 

 



RELACIONADO