Comezan os Talleres de memoria para o envellecemento activo

Comezan os Talleres de memoria para o envellecemento activo

20 October 2026/concello/Xeral

Hoxe comeza o Taller de Memoria na Casa da Cultura 'Olga Novo', froito da colaboración entre o Concello da Pobra do Brollón e Afamon (Asociación familiares enfermos alzhéimer Monforte).

A actividade está dirixida a persoas maiores de 50 anos, co obxectivo de fomentar o envellecemento activo ofrecendo novos ámbitos para a aprendizaxe e a socialización.

Desenvolverase todos os martes de 16:00 a 17:30, dende o 20 de outubro 2026 ata o 25 de maio 2027.

Terá un custo de 15€ ao mes, sendo as sesións de outubro gratuítas.

Continúa aberto o prazo para anotarse. Máis información e inscricións nas Oficinas de Servizos Sociais: 982430447 / 609004451.



RELACIONADO


Outras Novas