Horarios de setembro das oficinas municipais e biblioteca

Horarios de setembro das oficinas municipais e biblioteca

07 September 2026/concello/Xeral

No mes de setembro, as oficinas municipais do Concello da Pobra do Brollón continúan co horario de verán. A atención ao público será de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas.

A Biblioteca municipal 'Antonio Reboiro' abre ao longo de setembro unicamente de mañá: de 10:30 a 13:30.

Recordamos ademais que o Punto Limpo municipal continúa ata o 30 de setembro tamén co horario de verán, abrindo de 9:00 a 13:00 horas.

 



RELACIONADO


Outras Novas