Información sobre a obriga da xestión de biomasa en parcelas

Información sobre a obriga da xestión de biomasa en parcelas

19 December 2024/concello/Xeral

Informamos de que se está a notificar por medio postal aos propietarios e propietarias da obriga de realizar a limpeza e roce da masa vexetal en parcelas e soares, e da imposición de multas no caso de non cumprir con esta obriga.

Estas multas son impostas pola Xunta de Galicia a través do Servizo Agrario Galego (SEAGA), co propósito de impedir o risco de incendios forestais e a súa propagación.

No caso de recibir unha carta, ten un prazo de 15 días para executar a limpeza da finca para evitar o cargo da multa. Unha vez limpa, debe cumprimentar unha instancia xeral (dispoñible na Sede Electrónica da páxina do Concello da Pobra do Brollón) comunicando a limpeza e indicando o número de referencia catastral.

No caso de que precise ampliar o prazo de execución da limpeza da finca, debe solicitalo mediante instancia xeral, indicando o número de referencia catastral.

Se dita finca xa estaba limpa no momento de recibir a carta, para evitar a multa, debe comunicalo por instancia xeral, indicando o número de referencia catastral.

No caso de que a finca non estea ao seu nome, para evitar a multa, tamén debe comunicalo mediante instancia xeral, achegando un documento acreditativo.

Recomendamos a propietarios e propietarias de parcelas, incluso se non recibiron unha carta, consultar as listas de parcelas afectadas, publicadas no BOE o sábado 14 de decembro de 2024 (https://www.boe.es/boe_n/dias/2024/12/14/not.php?id=BOE-N-2024-803652) e o martes 17 de decembro de 2024 (https://www.boe.es/boe_n/dias/2024/12/17/not.php?id=BOE-N-2024-808977).

 Para máis información e dúbidas, poden contactar con SEAGA no número de teléfono 881 997 319.



RELACIONADO