O 31 de decembro remata o prazo para solicitar asistencia gratuíta en caso de afectacións na TDT

O 31 de decembro remata o prazo para solicitar asistencia gratuíta en caso de afectacións na TDT

16 December 2024/concello/Xeral

Tras o inicio do servizo de telefonía móbil de nova xeración (4G e 5G) na zona, poden producirse afectacións na recepción de televisión dixital terrestre (TDT).

Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servizo das estacións base de telefonía móbil non afecte á TDT, a entidade LLEGA700 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de carácter gratuíto para os cidadáns afectados.

O 31 de decembro de 2024 finalizará definitivamente o prazo habilitado de 6 meses para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos de 4G e 5G.

Para poder atender no centro de atención ao usuario e poder resolver as incidencias, terán que comunicarse ao teléfono gratuíto 900 833 999.

 

 

TDT


RELACIONADO