Manifiesto por el Día Internacional para la Eliminación de la Violencia contra las Mujeres

Manifiesto por el Día Internacional para la Eliminación de la Violencia contra las Mujeres

25 November 2024/concello/Xeral

O 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, é unha cita histórica e colectiva na que participa, por suposto, o Concello da Pobra do Brollón, para lembrar a nosa responsabilidade e actuar como motor de cambio e transformación cara a unha sociedade máis xusta, libre de violencias machistas, libre de todo tipo de violencia!

En concreto, é o noso deber sensibilizar de que a violencia machista se produce en todos os ámbitos e en todos os estratos sociais, con independencia da orixe socioeconómica. Ao longo destes anos conseguimos avanzar en canto a concienciación social e hoxe podemos dicir que se xerou o rexeitamento e o repudio da maioría da sociedade cara a esas condutas violentas. No entanto, queda moito por avanzar e é indubidable que nese avance o papel das administración local resulta crucial. Dende o Concello da Pobra do Brollón marcámonos o reto de intervir desde a prevención, coa finalidade de transformar a contorna, e  desde a reparación para pór no centro a atención ás necesidades da vítima.  Pero, veciñas e vecinos, é o traballo colectivo o que cimentará a construción dun presente no que ningunha muller sexa vítima desta violencia, é o compromiso activo o que porá  fin a esas actitudes patriarcais.

Dúas mulleres asasinadas, 472 sentenzas condenatorias, 3.454 denuncias e 972 ordes de protección. Esta é a realidade en cifras de Galiza no que levamos deste ano 2024. Calquera tipo de sociedade ten que ser incompatible cunha situación de criminalidade constante contra as mulleres. É importante, dende a pequena comunidade que formamos a veciñanza deste concello, ser conscientes deste escenario para non escatimar no esforzo e no compromiso de erradicar as violencias machistas.


Lectura do manifesto a cargo de Noelia Besteiro, concelleira de Igualdade, diante do Concello da Pobra do Brollón



RELACIONADO