El XV Concurso de Tapas da Guimaralia acontece del 29 de noviembre al 5 de diciembre

El XV Concurso de Tapas da Guimaralia acontece del 29 de noviembre al 5 de diciembre

13 November 2024/concello/Xeral

O XV Concurso de Tapas da Guimaralia celebrarase dende o venres 29 de novembro ata o xoves 5 de decembro.

Participan seis locais: catro deles na propia Pobra do Brollón – Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e Bar Pirata –, ademais de A Salanova en Salcedo e O Fogón en Cereixa.

Cada tapa debe incluír ao menos un ingrediente dalgún produtor local do municipio da Pobra do Brollón. O ingrediente debe ir explicitado no nome do pincho. 

A elección do primeiro, segundo e terceiro premio será, coma sempre, por votación popular. O público pode elixir a súa tapa favorita nunha tarxeta de voto que deberá estar selada por todos os bares participantes. Os participantes entrarán nun sorteo dunha noite con circuíto termal no Hotel Iberik Augas Santas, Pantón.

As tapas do concurso teñen un prezo único de 1,50€. Pódense degustar en horario de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 22:00 horas. 



RELACIONADO