Celebrado o Pleno extraordinario de renuncia do cargo do concelleiro Manuel González Moreira

Celebrado o Pleno extraordinario de renuncia do cargo do concelleiro Manuel González Moreira

11 November 2024/concello/Xeral

O pasado sábado 9 de novembro celebrouse na Casa do Concello da Pobra do Brollón un Pleno extraordinario de renuncia do cargo do concelleiro Manuel González Moreira. O alcalde Xosé Lois Maceda agradeceulle a Moreira o seu traballo de case 18 anos desempeñando unha tarefa pública, a súa honestidade e lealtade.

O concelleiro Ricardo Rodicio así como os portavoces do PP e PSOE, tamén expresaron o seu agradecemento e todos desexáronlle a Manuel González Moreira, tamén coñecido como 'o Chinco', moita felicidade na etapa de xubilación.

A gravación do Pleno pódese ver premendo neste enlace.



RELACIONADO