O servizo de recollida domiciliaria de residuos voluminosos comeza o 13 de agosto

O servizo de recollida domiciliaria de residuos voluminosos comeza o 13 de agosto

12 August 2024/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón levará a cabo a partir do 13 de agosto un servizo extraordinario e gratuíto de recollida domiciliaria de residuos polas parroquias.

Neste servizo recóllense mobles, electrodomésticos, aparellos eléctricos e electrónicos e outros residuos voluminosos que polo seu tamaño non poden ser depositados nos colectores urbanos. Non se recollen escombros de obras domiciliarias, nin residuos considerados perigosos segundo a normativa vixente en residuos; tampouco se recollen residuos mesturados en bolsas ou caixas.

Para solicitar a recollida deben chamar ANTES DO DÍA 30 DE AGOSTO ao teléfono 982 430 001 de luns a venres de 9:00 a 13:00indicando o nome, teléfono, enderezo, cantidade e natureza dos refugallos a recoller. Despois dende o mesmo Concello, poñeranse en contacto con vostedes para indicarlles a data e hora aproximada a fin de que poidan depositar os residuos fóra para a súa recollida.

É preciso que o depósito dos residuos se faga do xeito adecuado, separándoos e deixándoos na rúa o día da recollida (tras recibir a chamada do persoal do Concello). Os residuos que non estean separados debidamente non serán recollidos.

Rógase a todos os veciños e veciñas a máxima colaboración para manter o noso Concello limpo e saudable evitando depositar calquera clase de residuos en lugares non permitidos, o que causa un gran impacto ambiental, grave deterioro na paisaxe e contaminación dos solos.



RELACIONADO