¿Qué futuro queremos para nuestros montes comunales? Reunión el martes 21 de mayo

¿Qué futuro queremos para nuestros montes comunales? Reunión el martes 21 de mayo

16 May 2024/concello/Xeral

No marco do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible, o vindeiro 21 de maio ás 18:00h celebrarase unha xuntanza da comunidade de aprendizaxe sobre Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, no Salón de actos da Casa da Cultura 'Olga Novo', A Pobra do Brollón.

Nela explorarase as oportunidades que teñen as Comunidades de Montes para a xeración de riqueza e creación de postos de traballo a través da multifuncionalidade do monte. Asistirán os representantes do Colectivo La Brava (servizos forestais agrarios), Javier Marino da empresa Cerna (consultora que desenvolve a súa actividade no ámbito da Enxeñería Ambiental e xestión de montes) e outros invitados.

Con esta xuntanza continuarase coa creación dun grupo informal, sen ningunha vinculación legal, do que calquera Comunidade de Montes poderá formar parte co obxectivo de coñecer diversas maneiras de sacarlle partido aos seus terreos.

Ligazón de inscrición: https://forms.office.com/e/PjC6jQLag9



RELACIONADO