O Campionato de Galicia de Contra o Reloxo Individual terá lugar na Pobra o 17 de maio

O Campionato de Galicia de Contra o Reloxo Individual terá lugar na Pobra o 17 de maio

14 May 2024/concello/Xeral

O venres 17 de maio terá lugar na Pobra do Brollón o Campionato de Galicia de Contra o Reloxo Individual. O evento comezará a partir das 9:30 aproximadamente, con saída da Avenida de Galicia.

Haberá probras nas categorías de Paraciclismo, Infantil, Cadete, Junior, Élite Sub23 e Master Fem.

Con motivo da proba, cortarase o tráfico de 9:30 a 14:30 aproximadamente nas seguintes estradas: Saída Avda de Outeiro (rotonda), LU-P-4713, LU-652 e Avda de Galicia (A Pobra). A LU-652 e LU-P-4713 estarán cortadas totalmente, así como Avda de Galicia. A avda de Outeiro non está cortada totalmente; queda un carril para acceder á Pobra pola Feira.

O campionato é organizado pola Federación de Ciclismo Galego co apoio da Área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e do Concello da Pobra do Brollón.



RELACIONADO