O 27 de maio celebrarase unha xuntanza informativa sobre a comunidade enerxética da Pobra do Brollón

O 27 de maio celebrarase unha xuntanza informativa sobre a comunidade enerxética da Pobra do Brollón

10 May 2024/concello/Xeral

O prezo da enerxía e a contaminación que se xera para producila, está a converterse nun problema que afecta a particulares, empresas e Administracións.

A fórmula para saír de esta espiral de gasto e contaminación é o uso de enerxías renovables.

Como unha das solucións a este problema nace a idea das comunidades enerxéticas, entendidas como agrupacións para a produción de enerxía para uso propio, individual e colectivo.

A Pobra do Brollón, xunto con outros 21 concellos rurais galegos participará no proxecto piloto EC4RURAL, en calidade de colaboradores externos, que se desenrolará para definir modelos de comunidade enerxética adaptados a cada realidade local.

O vindeiro 27 de maio ás 19:00, na Casa da Cultura 'Olga Novo', o Concello da Pobra do Brollón organiza unha reunión informativa coordinada pola Universidade de Vigo en colaboración co Espazo Coop e a FEGAMP.

O programa da reunión é o seguinte:

  • Introdución
  • Situación enerxética na Pobra do Brollón
  • Como producir enerxía colectivamente
  • Formas xurídicas para producir enerxía colectivamente
  • Queres ser parte da comunidade enerxética da Pobra do Brollón?

Pola importancia dos temas a tratar convidamos a toda a veciñanza a acudir a esta reunión.



RELACIONADO