Os veciños e veciñas maiores de 65 anos poden solicitar vídeo-asistencia para a declaración da Renda

Os veciños e veciñas maiores de 65 anos poden solicitar vídeo-asistencia para a declaración da Renda

30 April 2024/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón asinou un acordo de colaboración coa Axencia Estatal de Administración Tributaria para a prestación de servizos de asistencia técnica presencial para a confección de declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas por vídeo-asistencia aos veciños/as MAIORES de 65 anos sen ningún custo para facilitarlles o trámite aos nosos maiores.

A cita previa estará dispoñible a partir do día 29 de abril de na sede electrónica da axencia tributaria ou no teléfono 915 530 071 de luns a venres de 9 a 19 horas. 

O servizo prestarase dende o día 07 de maio ao 01 de xullo de 2024.



RELACIONADO