Este venres 5 de abril o Concello da Pobra do Brollón e os axentes ambientais do Distrito VIII-Terra de Lemos convocan unha xuntanza ás 18:30 na Casa da Cultura 'Olga Novo' (A Pobra do Brollón).
A convocatoria está dirixida a comunidades de montes, asociacións veciñais, asociacións culturais, sociedade cinexética, pedáneos e veciños/as do Concello en xeral.
Os temas a tratar son os seguintes:
- Presentación do novo equipo de axentes ambientais adscritos a este Concello.
- Obxectivos que expoñemos.
- Accións para fomentar un mellor aproveitamento dos montes e das parcelas forestais.
- Accións para promover un contorno máis diverso, sostible e saudable e atractivo.
- Accións para procurar, dende a xestión forestal e a prevención de incendios forestais, un Concello máis seguro.
- Accións para achegar información sobre o eido forestal e a tramitación administrativa, minimizándolle os desprazamentos a poboación.
- Accións para divulgar as limitacións e condición legalmente establecidas para que a xente as coñeza de maneira anticipada para evitar accións indesexables.
`