La 8ª edición de la ruta Añada Racing tendrá lugar el sábado 6 de abril

La 8ª edición de la ruta Añada Racing tendrá lugar el sábado 6 de abril

19 March 2024/concello/Xeral

ACTUALIZACIÓN 22/3/2024: RUTA CANCELADA POR MOTIVOS ALLEOS Á ORGANIZACIÓN


Que é Añada Racing?

Tratase dunha ruta de dificultade media, non competitiva, para vehículos 4x4 (todoterreos, buggies) e motos, que percorrerá o concello de A Pobra do Brollón. Nos puntos de dificultade haberá persoal da organización que garantirá o correcto desenvolvemento da ruta, contando tamén cun trazado alternativo de baixa dificultade.

Quen a organiza e cando?

A ruta Añada Racing 2024, está organizada polo Concello da Pobra do Brollón, coa colaboración do club Guímaro Motor, que tras uns anos de inactividade, decidiu voltar e retomar a xa afamada ruta, que neste ano cumprirá a súa oitava edición. 

A oitava edición da ruta Añada Racing terá lugar o sábado 6 de abril de 2024.

Onde se fai a ruta?

A totalidade da ruta transcorre polo municipio da Pobra do Brollón, estando situado no sur da provincia de Lugo, pertence á comarca de Lemos, formando parte do territorio Ribeira Sacra, e limitando cos concellos do Incio, Folgoso do Caurel e Samos. Estas circunstancias xeográficas fan que nun mesmo termo municipal teñamos paisaxes moi variadas e multitude de opcións para desfrutar da natureza.

O percorrido da ruta estará marcado con cintas e sinalización, sendo recomendable ter descargada a aplicación WIKILOC ou GOOGLE EARTH (dispoñibles para iPhone e Android), xa que tamén estará dispoñible en formato GPX e KML no nome “VIII AÑADA RACING”.

Cal é o coste para participar, como inscribirse e que inclúe?

O coste para participar na ruta Añada Racing 2024, será de 60 € por persoa. 

Para inscribirse na ruta fará falta cumprimentar un formulario de inscrición que se poderá acceder dende o enlace subido no perfil de Facebook do club GUIMARO MOTOR. Nel haberá que achegar a seguinte documentación:

•⁠ ⁠Ficha técnica do vehículo participante (por ambas caras para comprobar ITV en vigor).

•⁠ ⁠Xustificante do recibo do seguro do vehículo.

•⁠ ⁠Xustificante de pago (60 € por persoa) 

A ruta inclúe café de campaña, comida tipo picnic, cea no pavillón municipal situado en Av. Outeiro 37, A Pobra do Brollón, e seguro de responsabilidade civil. 

Non se disporá de servicio de grúa propio, polo que cada participante deberá ter o seguro en vixencia. Axudarase a mover o vehículo a unha pista onde poda acceder a grúa, que cada participante teña contratada na súa póliza de seguro. 

A data límite para inscribirse será o domingo 31 de marzo as 23:59 horas. Haberá prazas limitadas, polo que unha vez completadas tamén se dará peche ás inscricións (o que antes ocorra).

Ao remate da ruta estarán ao servicio dos participantes vestiarios e duchas no mesmo Pavillón para quen as precise.

Ao remate da ruta haberá habilitada una zona de limpeza para os vehículos que se situará nas inmediacións do Campo de fútbol Os Medos, s/n. cp: 27330 A Pobra do Brollón. https://maps.app.goo.gl/GMcpikpx4MLjF5M67

Dende onde sairá e finalizará a ruta?

A ruta dará comezo e finalizará no parque cerrado no Pavillón municipal, ubicado en Av. Outeiro, N 37. https://maps.app.goo.gl/AUuWPed8ekX9WM8e6

A ruta dará comezo as 8:30 (prégase puntualidade), e rematará as 20.00. A cena de confraternidade será as 22:00 no pavillón municipal situado ao carón do parque cerrado.

Onde podo repostar?

A 5,5 km dende o parque cerrado situado en Av. Outeiro, N 37, atópase una Estación de Servicio de Repsol, e máis concretamente na estrada nacional, N-120, 511 D, 27331 A Pobra do Brollón, Lugo. https://maps.app.goo.gl/XTgu2y7MWReAy1VM6

Información de contacto

Teléfonos: 636749222 – 613474588 

Email: guimaromotor@gmail.com

Onde durmir na Pobra do Brollón

http://www.concellodapobradobrollon.gal/gl/comer-e-durmir



RELACIONADO