Desfile de Entroido 2024: Bases

Desfile de Entroido 2024: Bases

23 January 2024/concello/Cultura

Detallamos a continuación as bases do Desfile de Entroido da Pobra do Brollón 2024. Están dispoñibles para descargar en PDF aquí.

Data: Sábado 10 de febreiro

Hora e lugar: Saída ás 17:00 h dende o cruce da estrada de Saa, A Pobra do Brollón. Remate na Área Recreativa (en caso de mal tempo, na Casa da Cultura) con entrega de premios.

  • Para participar hai que apuntarse antes das 13:30 horas do día 8 de febreiro na Biblioteca municipal (Casa da Cultura ‘Olga Novo’ – 982 430 546) ou no teléfono 650 624 828 (preferentemente por WhatsApp).
  • Cada unha das carrozas e comparsas de máis de 15 persoas poderá nomear un representante para formar parte do xurado calificador.
  • Todas as carrozas inscritas levarán un mínimo de 40€ sen prexuízo do premio que acaden. 
  • Todas as comparsas de 15 ou máis persoas levarán un mínimo de 20€ sen prexuízo do premio que acaden.
  • Os dorsais serán recollidos na Casa do Concello entre as 16:00 e 16:40
  • Os disfraces, comparsas e carrozas deberán estar no cruce da estrada de Saa cun mínimo de 20 minutos de antelación á hora de saída.

Categorías:

  • Individuais/grupo pequeno: Será formado por un máximo de 4 persoas e poderá ser individual
  • Comparsas 5–14 persoas: Disfrace cun fío temático que inclúa entre cinco e 14 persoas
  • Comparsas +15 persoas: Disfrace cun fío temático que inclúa máis de 15 persoas
  • Carrozas: Entenderanse como carrozas aqueles vehículos “caracterizados” que constitúan un disfrace en si mesmos ou sexan parte fundamental da temática dun disfrace das outras categorías. Un disfrace que constitúa unicamente xente dentro dun vehículo será considerado carroza. Un disfrace que constitúa xente nun vehículo e xente fóra do vehículo poderá concorrer como carroza e noutra categoría que lle corresponda por número de participantes. Aqueles vehículos que acompañen unha comparsa pero non vaian caracterizados nin formen parte esencial da temática do disfrace non serán considerados carroza. No caso de que un disfrace concorra como carroza e outra categoría, o xurado valorará independentemente o vehículo e os disfraces das persoas fóra do vehículo.

Xurado: O xurado estará composto por un representante do equipo de Goberno, un empregado municipal e os representantes de comparsas de máis de 15 persoas.

Premios pertencentes ao concello:

Premios

Carrozas

Comparsas +15 persoas

Comparsas 5-14 persoas

Individual 1-4 persoas

175 €

175 €

100 €

50 €

125 €

125 €

80 €

40 €

75 €

75 €

50 €

30 €

--

--

--

20 €

--

--

--

10 €

Premios non pertencentes ao concello:

Premios

Carrozas

Comparsas +15 persoas

Comparsas 5-14 persoas 

75 €

75 €

50 €

50 €

50 €

40 €

30 €

30 €

25 €



RELACIONADO