Proxectamos o documental 'O médico dos pobres' este domingo 19

Proxectamos o documental 'O médico dos pobres' este domingo 19

16 November 2023/concello/Cultura

O documental O médico dos pobres recolle a historia de Manuel Díaz González, 'o Pequeniño do Incio', asasinado por falanxistas en 1936.

Proxectarémolo este domingo 19 de novembro ás 19:00 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, A Pobra do Brollón. Haberá presentación e posterior coloquio con Patricia Castro e Julio Costa, da asociación A Memoria é Náufraga, impulsora do documental.

Manuel Díaz é lembrado como médico altruísta e persoa bondadosa que ademais foi alcalde republicano do Incio. No documental participan familiares e expertos historiadores, entre eles, o arqueólogo guímaro Xurxo Ayán.



RELACIONADO