Charla sobre a toponimia da Pobra do Brollón o 10 de novembro

Charla sobre a toponimia da Pobra do Brollón o 10 de novembro

02 November 2023/concello/Cultura

O programa Toponimízate chega á Pobra do Brollón para achegar ao público a orixe e significado dos topónimos do noso municipio. A charla será o venres 10 de novembro ás 19:30 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e é aberta a toda a veciñanza. 

Durante a charla, darase conta do significado dos nomes de parroquias e aldeas do concello da Pobra do Brollón. Ademais, explicarase ao público asistente o funcionamento da plataforma Galicia Nomeada, que permite a recollida de topónimos e microtopónimos que corren o risco de perderse. Así, veciñas e veciños poderán aprender como empregala tanto para incorporar nomes de corredoiras, chousas ou penedos como para rexistrar lendas ou outras tradicións orais vinculadas a eses lugares.

O programa Toponimízate é promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e desenvolvido pola Real Academia Galega. 



RELACIONADO