Recomendación sobre o consumo da auga nas zonas de abastecemento de Domiz e Barxa de Lor

Recomendación sobre o consumo da auga nas zonas de abastecemento de Domiz e Barxa de Lor

12 September 2023/concello/Xeral

ACTUALIZACIÓN: As zonas de Fornelas e Eixón xa non están afectadas pola situación e poden consumir a auga con normalidade.

Por culpa das chuvias torrenciais que sufrimos nos últimos días e como consecuencia do estado do monte tras os incendios pasados, o río Lor e o río Loureiro veñen con moito lodo.

Esta situación afecta á auga de consumo nas seguintes zonas: Barxa de Lor e a zona de abastecemento de Domiz (Pereiro, Domiz, Recemunde, Tudriz, Martul, Vilardeperas, Lamaigrexa, Castroncelos, Vilarmao, Piñeiros, A Estación, Cereixa, Fornelas, Eixón, Abrence, Frieira, Pinel e A Pobra do Brollón).

Nesas zonas, recoméndase ata novo aviso non utilizar a auga para consumo para evitar calquera contaminación, xa que non é posible garantir unha óptima calidade da auga.



RELACIONADO