Información sobre o servizo de conciliación para o curso escolar 2023-24

Información sobre o servizo de conciliación para o curso escolar 2023-24

23 August 2023/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón retoma a partir do luns 11 de setembro o programa de conciliación laboral e familiar para o curso escolar 2023-24.

É un servizo totalmente gratuito para axudar ás familias do noso concello salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral. 

Este programa contempla a posibilidade de que os nenos e nenas do municipio estén acompañados de profesionais especializados realizando tarefas lúdicas e educativas no horario previo a apertura do CEIP da Pobra do Brollón.

O servizo ofrécese de luns a venres, nas mañás antes de entrar ao colexio (aproximadamente de 8:00 a 9:30h), aínda qu os horarios serán flexibles segundo as necesidades das familias. Ofrécese de xeito continuo durante todo o curso escolar ou nos momentos puntuais que poidan precisar. 

As familias interesadas neste programa ou en recibir información, poden facelo a través do teléfono: 982 430 447, nas oficinas técnicas de servizos sociais (Casa da Cultura 'Olga Novo', primeiro andar) ou no correo electrónico: educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal



RELACIONADO