Abre a preinscrición para as actividades do curso 2023-24

Abre a preinscrición para as actividades do curso 2023-24

17 August 2023/concello/Xeral

Abre o prazo de preinscrición nas actividades do curso 2023-24: ximnasia, ioga, pilates, zumba, baile de salón e manualidades (ver horarios abaixo).

Prevese comezar as actividades o día 1 de setembro. Desenvolveranse no pavillón municipal, excepto as actividades por parroquias.

Para que as actividades poidan realizarse, precísase un mínimo de 15 persoas por grupo para as actividades na Pobra e 10 persoas por grupo para as actividades por parroquias.

O prezo para as actividades dun día á semana é de 15€ ao mes. Para as de dous días á semana, 20€ ao mes. 

A preinscrición debe realizarse na Biblioteca municipal do 17 ao 22 de agosto en horario de 10:30 a 13:00, por e-mail (biblioteca@concellodapobradobrollon.gal) ou no teléfono 982430546. Terán prioridade as persoas empadroadas. 

Horario das actividades:

  • Manualidades: os luns de 19:00 a 20:30
  • Baile de salón: luns de 21:15 a 22:15
  • Pilates: xoves de 17:00 a 18:00
  • Ioga: mércores de 17:00 a 18:00
  • Zumba: venres de 18:30 a 19:30
  • Ximnasia en Pobra:
    • Grupo 1: martes e xoves de 19:00 a 20:00 
    • Grupo 2: martes e xoves de 20:00 a 21:00
    • Grupo 3: xoves de 18:00 a 19:00
  • Ximnasia en Castroncelos: martes de 17:00 a 18:00
  • Ximnasia en Pacios: martes de 18:00 a 19:00
  • Ximnasia en Cereixa: xoves de 12:00 a 13:00


RELACIONADO