Están publicadas as bases para crear unha bolsa de emprego de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no Concello da Pobra do Brollón. O obxectivo é poder contratar puntualmente para realizar substitucións por ausencias de persoal por incapacidade laboral transitoria, permisos e licenzas.
A selección de persoal realízase mediante o sistema de concurso con valoración de méritos.
As funcións a realizar son atencións domésticas (actividades e tarefas no fogar) e atencións persoais (compañía, hixiene persoal, acompañamento a xestións, mobilización dentro do fogar...).
As bases están publicadas na Sede Electrónica do Concello da Pobra do Brollón.
Enlaces directos:
Bases de selección Bolsa Servizo Axuda no Fogar 2023