Os premios dos concursos de Entroido pódense recoller do 6 ao 17 de marzo

Os premios dos concursos de Entroido pódense recoller do 6 ao 17 de marzo

24 February 2023/concello/Xeral

Os premios en metálico do concurso do desfile de Entroido e do concurso de comadres e compadres pódense recoller do 6 ao 17 de marzo (ambos incluídos) na oficina da Tesourería municipal (Casa do Concello, Avda de Galicia, A Pobra do Brollón). 

Todas as persoas e colectivos que se inscribiran no concurso de comadres e compadres teñen un premio de participación. 

Todas as carrozas e todas comparsas de máis de 15 persoas participantes no desfile de Entroido terán un premio de participación. A maiores, os disfraces, comparsas e carrozas gañadores do concurso son os seguintes:

Carrozas 

  1. O Piqué de Shakira
  2. Guímaro Drag Fest
  3. O Dominó

Comparsas +15

  1. Baixo o Mar
  2. Guímaro Drag Fest
  3. O Dominó

Comparsas 5-14

  1. Os Pavos Reais de Pacios
  2. Guacamolonas
  3. A Granxa de Nerea

Foráneos

Carrozas: Traballando no muro

Comparsa: Batucada creativa

Individuais

  1. A Cincenta
  2. O Monxe
  3. Mestre de Esgrima
  4. Reciclado a Man
  5. A Romeira da Pobra

O xurado do concurso do Desfile foi formado por un representante por cada carroza e comparsa de máis de 15 persoas, e por un membro do equipo de goberno (o concelleiro Ricardo Rodicio). 



RELACIONADO