Proxectamos 'Tres', Mellor longametraxe nos XX Mestre Mateo

Proxectamos 'Tres', Mellor longametraxe nos XX Mestre Mateo

21 November 2022/concello/Cultura

A película Tres (Juanjo Giménez), Mellor longametraxe nos XX Mestre Mateo, é a que poderemos ver en novembro dentro do Ciclo Mestre Mateo.

Será este sábado 26 de novembro ás 20:15 na Casa da Cultura 'Olga Novo'.

Tres relata a inquietante historia de C., unha deseñadora de son que pasa horas no seu estudo onde posterga as avariadas relacións coa súa exparella, a súa nai e cos compañeiros de traballo. Pero o seu cerebro está comezando a desincronizarse...

O Ciclo Mestre Mateo é impulsado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pobra do Brollón.



RELACIONADO