O programa de conciliación familiar volve a partir do 8 de setembro

O programa de conciliación familiar volve a partir do 8 de setembro

25 August 2022/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón retoma a partir do día 8 de setembro o programa de conciliación laboral e familiar para o vindeiro curso escolar.

É un servizo totalmente gratuito para axudar ás familias do noso concello salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral. 

Este programa contempla a posibilidade de que os nenos e nenas do municipio estén acompañados de profesionais especializados realizando tarefas lúdicas e educativas no horario previo a apertura do CEIP da Pobra do Brollón.

O servizo ofrécese de luns a venres, aproximadamente de 8:00 a 9:30h. Os horarios serán flexibles segundo as necesidades das familias. Ofrécese de xeito continuo durante todo o curso escolar ou nos momentos puntuais que poidan precisar. 

As familias interesadas neste programa ou en recibir información, poden facelo a través do teléfono: 982 430 447, nas oficinas técnicas de servizos sociais na Casa da Cultura Olga Novo ou no correo electrónico: educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal

Cumpriranse todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias. 



RELACIONADO