A nova edición do Obradoiro dual de Emprego ‘A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio’ comezará o 19 de setembro cunha duración de 12 meses.
A entidade promotora na edición 2022-2023 é o Concello da Pobra do Brollón, e centrarase en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría.
Formaranse en total 20 alumnos: sete do Incio, sete de Bóveda e seis da Pobra do Brollón.
Os lugares de inscrición son a oficina de emprego de Monforte de Lemos (para os residentes en A Pobra do Brollón e Bóveda) e a oficina de emprego de Sarria (para os residentes en O Incio).
As bases publicaranse no seu momento na sede electrónica do Concello da Pobra do Brollón. Informarase da súa publicación na web e redes sociais do Concello.