A VII Feira Guímara celebrarase o sábado 16 de xullo

A VII Feira Guímara celebrarase o sábado 16 de xullo

10 June 2022/concello/Cultura

A VII edición da Feira Guímara celebrarase na Pobra do Brollón o sábado 16 de xullo.

Cal é o concepto?

As revoltas guímaras, María Castaña, os episodios da represión e guerrilla, tradicións como o Oso de Salcedo... Son feitos que falan de nós como un pobo afouto que aínda hoxe se resiste a ser nun contexto de desmantelamento das aldeas. Celebremos o feito de ser guímaras a través do tempo!

De que vai a festa?

Haberá actividades todo o día, incluíndo a tradicional representación da batalla, comida popular, actividades infantís, actuacións e moitas sorpresas!

Que se come?

A idea é facer unha gran romaría. Dende a organización montaremos mesas para que poidas traer a túa comida. Haberá tamén pulpeiras, servizo de bar e postos de viños guímaros.

De que me disfrazo?

Podes caracterizarte de calquera elemento que encaixe no espíritu guímaro, dende o tradicional labrego medieval ata de guerrilleira ou calquera chiscadela á historia ou lendas guímaras. Haberá premios para as mellores caracterizacións, individuais e grupais.

E o dos estandartes?

As Asociacións Veciñais, colectivos ou grupos de amigxs poderán presentar estandartes a concurso que aludan á historia ou tradicións de cada parroquia. Técnica libre. Valorarase a técnica e a creatividade.



RELACIONADO